Hoxe pasámolo moi ben, celebramos o Día das letras Galegas en honor de Lois Pereiro. Houbo actuacións moi bonitas, aprendemos moito e viñeron tocar a Gaita.
O Blog onde podemos atopar todo o que está a suceder nas aulas de infantil do CEIP de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra)
16/5/11
Dia das Letras Galegas
Hoxe pasámolo moi ben, celebramos o Día das letras Galegas en honor de Lois Pereiro. Houbo actuacións moi bonitas, aprendemos moito e viñeron tocar a Gaita.
5/5/11
Xa somos papás!!!
Durante esta fin de semana, sairon novas mariposas e cando chegamos ao cole, ya tiñamos moitos ovos. Agora esperaremos a que saian todas as bolboretas
27/4/11
13/4/11
12/4/11
As primeiras crisálidas...
As nosas eirugas estanse a converter en crisálidas. Mañá colgamos a súa foto para que as poidades contemplar.
8/4/11
Vermes de seda na aula
Dende o mes de marzo temos 17 novos "alumnos" na nosa aula, aprender non aprenden moito, pero están caladiños....
6/4/11
OQO na TVG2
Esta semana recibimos un correo no cole de OQO:
Estimados amig@s
A canle da tvg2 vai emitir proximamente dúas series de OQO filmes, apartado audiovisual de OQO editora, que adapta en curtametraxes de animación en stop-motion os contos máis coñecidos da editorial como A bruxa regañadentes, A princesa do Caurel, Rato Tom e rata Tomasa, Corre corre, cabaciña, Un gato na árbore, A viaxe das bolboretas...
Por este motivo, estes días recibiredes nos vosos colexios unha carta de presentación de OQO editora e a TVG das dúas series : Caracois e Os Contos do camiño, á vez que carteis das series para que colguedes polas aulas.
5/4/11
O Gato con Botas
Dende a Biblioteca, propoñesenos traballar co conto "O gato con Botas". Estamos a ler moitos contos buscando as diferenzas e semellanzas. Pero se queredes tamén podedes escoitar o conto aqui
Se queres colorear un gato con botas cliquea aquí, podes imprimilo ou colorealo on-line.
1/4/11
24/2/11
Excursión a Coruña
Durante o segundo trimestre fixemos unha excursión a Coruña, visitamos:
- Domus
- Acuarium
- A Casa das Ciencias.
Fixemos un libro coa nosa experiencia nesta saída. Esperamos que sexa do voso agrado.
- Domus
- Acuarium
- A Casa das Ciencias.
Fixemos un libro coa nosa experiencia nesta saída. Esperamos que sexa do voso agrado.
1/2/11
Primeiro dia:
Hoxe comezo a publicación de entradas no blog, espero que sexan do voso interese. Empezarei pola máis antigas. Un saúdo.
30/1/11
Para celebrar o día da Paz...
Adornamos a aula cun mural feito por todos nós con motivos da paz, e ademáis debuxámonos e pegamos as nosas caras.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)