Estimados amig@s
A canle da tvg2 vai emitir proximamente dúas series de OQO filmes, apartado audiovisual de OQO editora, que adapta en curtametraxes de animación en stop-motion os contos máis coñecidos da editorial como A bruxa regañadentes, A princesa do Caurel, Rato Tom e rata Tomasa, Corre corre, cabaciña, Un gato na árbore, A viaxe das bolboretas...
Por este motivo, estes días recibiredes nos vosos colexios unha carta de presentación de OQO editora e a TVG das dúas series : Caracois e Os Contos do camiño, á vez que carteis das series para que colguedes polas aulas.


No hay comentarios:
Publicar un comentario