12/4/11

As primeiras crisálidas...

As nosas eirugas estanse a converter en crisálidas. Mañá colgamos a súa foto para que as poidades contemplar.

8/4/11

Vermes de seda na aula

Dende o mes de marzo temos 17 novos "alumnos" na nosa aula, aprender non aprenden moito, pero están caladiños....

6/4/11

OQO na TVG2

Esta semana recibimos un correo no cole de OQO:
 
Estimados amig@s
 
A canle da tvg2 vai emitir proximamente dúas series de OQO filmes, apartado audiovisual de OQO editora, que adapta en curtametraxes de animación en stop-motion os contos máis coñecidos da editorial como A bruxa regañadentes, A princesa do Caurel, Rato Tom e rata Tomasa, Corre corre, cabaciña, Un gato na árbore, A viaxe das bolboretas...
Por este motivo, estes días recibiredes nos vosos colexios unha carta de presentación de OQO editora e a TVG das dúas series : CaracoisOs Contos do camiño, á vez que carteis das series para que colguedes polas aulas.
Deste xeito, os rapaces coñecen desde xa que, en breve, poderán gozar dos seus personaxes favoritos de OQO editora na tvg2.
 Graciñas, coma sempre, pola vosa importante colaboración.
 Atentamente
 OQO editora
 

 

5/4/11

O Gato con Botas

Dende a Biblioteca, propoñesenos traballar co conto "O gato con Botas". Estamos a ler moitos contos buscando as diferenzas e semellanzas. Pero se queredes tamén podedes escoitar o conto aqui


Se queres colorear un gato con botas cliquea aquí, podes imprimilo ou colorealo on-line.

1/4/11

Xa chegou a Primaveira


Temos a nosa aula adornada de xeito que nos recorda que estamos en primaveira.
Posted by Picasa